Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Comeza hoxe en Mondoñedo unha fin de semana de maxia

Por 20 Agosto, 2020Sin comentarios

A programación alternativa de verán en Mondoñedo terá catro días adicados á maxia, actuacións que se combiarán con outras actividades culturais.

A maxia estará a cargo dos magos Deimi, Morning e Le Grand Marten-, a música será a de Hugo Eiroá, os pasarrúas de Pulpiño Viascón, e a cociña dos Chefs Pascuale e Ultralimento. A programación desenvolverase do seguinte xeito:

XOVES 20:

  •  18:30 hs. Maxia infantil de rúa. Praza do Concello
  • 20:00 hs. Compañía Pulpiño Viascón presenta o espectáculo Musicleta polas rúas e prazas de Mondoñedo
  • 21:00 hs. Maxia “barítima” polas terrazas dos bares

VENRES 21:

  • 21:00 hs. Maxia “barítima” polas terrazas

SÁBADO 22:

  • MERLIN FEST. 20:30 horas: Concerto de Hugo Eiroá. Cruce de rúas Bispo Sarmiento e Andrés Baamond
  • Desde as 18:30 horas: MAXIA EN MONDOÑEDO. Maxia en familia: 18:30 hs. Praza do Concello; 19:00 hs. Praza da Catedral; 19:45 hs. Praza do Concello; 20:45 hs. Praza da Catedral
  • 21:30 hs. Maxia “barítima” nas terrazas

DOMINGO 23:

  • 12:30 horas: DOMINGOS FRESCOS, Cos chefs Pascuale e Ultralimento. “Día da Leituga”. Praza do Concello