Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Mondoñedo acollerá a xornada de promoción do Camiño Norte de Santiago

Por 30 Setembro, 2020Sin comentarios

Onte presentouse a xornada de promoción do Camiño de Santiago organizada pola Orde do Camiño de Santiago no Concello de Mondoñedo.

Esta xornada de promoción terá lugar o día 17 de outubro de 2020 a partir das 11.30 horas, dentro do proxecto Coñece os Camiños organizado pola Orde do Camiño de Santiago en colaboración co Xacobeo.

No acto resaltaron “a gran importancia do Camiño de Santiago para Galicia e para Mondoñedo así como o gran traballo que está a realizar a Xunta e o Xacobeo na promoción dos Camiños e do Camiño Norte en especial”.

O programa de actividades do evento comezará ás 11.30 horas no Centro de Interpretación do Camiño Norte coa conferencia Mondoñedo e o Camiño Norte: Pasado y Presente, de Juan Ramón Fernández Pacios, Licenciado en Xeografía e Historia.

Xa ás 12.10 será a charla O Camiño de Santiago, Camiño Cultural Europeo de Francisco Jesús Ares Vázquez, presidente da Asociación de Turoperadores de Galicia.

Ás 12.35 horas chegará Pablo Rivera Bua, Secretario Xeral da Rede Ibérica de Entidades Tranfronterizas RIET Europa, para falar de Datos do Camiño de Santiago en 2018 e 2019. Caso particular do Camiño do Norte.

Ao mediodía haberá un descanso para almorzar e unha actuación musical a cargo de Lucía Pérez, e ás 15.45 horas será a visita a Mondoñedo polo Casco Histórico dende a praza da Catedral comezando cunha breve introdución históricoa e logo pasar a explicar o conxunto da praza: exterior da Catedral, exterior do Pazo Episcopal, consistorio vello e outros elementos menores.

A continuación, o paseo irá pola Fonte Vella, Seminario Santa Catalina, Museo da Imprenta, Muralla Medieval, Igrexa Parroquial de Santiago, Casa Consistorial e Convento da Concepción. Todas as visitas serán a exteriores agás o Museo da Imprenta e os baixos da Casa do Consistorial.