Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Nova victoria do Club de Bolos Xove no Campionato de España Mixto

Por 1 Outubro, 2020Sin comentarios

A tempada de Campionatos de España de Bolos, nas súas diferentes modalidades, segue en marcha. Esta pasada fin de semana tocoulle á modalidade mixta, competición que se celebrou no campo de Camos, no Concello de Nigrán.

Para este campionato clasificáronse 22 parellas, das cales o Club de Bolos Xove participou con 5. En canto aos equipos participantes, ademáis do xovense, participaron os seguintes clubs de Galicia e Asturias: Portamean, Urgal, Estivada, Villatresmil, La Panera, Sobreiro, Rega, Xove e Camos.

Despois de disputadas as rondas previas á final chegaron as parellas formadas por Paula Lópeze  Alberto Martínez dos clubs Portamean e Urgal e Julia López e Miguel López do Club Bolos Xove.

Julia, acompañada do seu irmán Miguel, conseguiu o seu terceiro título nacional este ano, xa que ademáis de gañar este fin de semana o campionato mixto, tamén gañou en pasadas semanas o feminino absoluto e o xuvenil. Por iso Julia estase a converter na gran protagonista dos campeonatos de España de bolos deste ano.  Co nivel de xogo actual, e con só 17 anos, está claro que o futuro deste deporte, polo menos na categoría feminina, pasa por ela. En canto ao seu irmán Miguel, moi novo tamén, 20 anos, ten  tamén unha proxección fantástica neste deporte. Julia e Miguel son os vixentes campións absolutos nas súas categorías na Liga de Bolos de Xove, título que van renovar este fin de semana cando remate a XXXI Liga de Bolos de Xove.

Dentro do cadro de honra, o Club de Bolos Xove tamén acadou o 7º posto coa parella formada por Lara e Cristian Rodríguez, tamén irmáns.