Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXATrabadaZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Trabada pon en marcha tres actividades para a promoción da igualdade

Por 5 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello de Trabada vén de poñer en marcha  tres actividades para a promoción da igualdade.

Serán tres obradoiros dirixidos aos alumnos do Ceip Plurilingüe Celso Currás e consistirán en contacontos alternativos, oca igualitaria e trivial da igualdade.

Os contacontos alternativos serán o venres 16 de outubro e están dirixidos a nenos do PAI de 1 a 3 anos e a nenos do colexio de 3 a 12 anos, consistirá na narración oral e a teatrlización como ferramentas comunicativas para fomentar modelos non sexistas e igualitarios entre os máis pequenos.

A oca igualitaria será o luns 19 e consistirá en resolver probas con contido de xénero, onde todos aportarán por igual para transmitir mediante o xogo. Ao final haberá un tempo de reflexión sobre as experiencias. Esta actividade está dirixida a alumnado infantil de 1º e 2º Primaria.

Por último, o trivial da igualdade será un xogo de preguntas e respostas sobre cuestións de xénero e fomentar o pensamento crítico do alumnado. Esta dirixido a nenos de 3º a 6º de Primaria e celebrarase o martes 20.