ActualidadeSecciones TerraCháXATrabadaZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Melloráronse varias as beirarrúas en Trabada con cargo á Deputación

Por 23 Outubro, 2020Sin comentarios

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, visitou a Mariña e supervisou varias actuacións financiadas pola Deputación no concello de Trabada. Acompañado da deputada de Economía, Recadación, Facenda e Contas, e alcaldesa da localidade, Mayra García Bermúdez, o presidente comprobou as melloras na accesibilidade feitas nos accesos á residencia de maiores e ao Centro Etnográfico.

Por un lado, renováronse as beirarrúas da rúa onde está situado o Centro de Atención a Maiores da Deputación e dotouse dunha nova, pola marxe esquerda, á rúa Ría de Abres.

Por outra banda, no entorno do Centro Etnográfico creáronse varios muros de contención, pavimentáronse con plaquetas os accesos e con formigón a praza, rehabilitouse unha fonte de auga e instalouse unha varanda metálica. Así mesmo, dotouse dun novo sistema de evacuación de augas pluviais e dun peche de ladrillo entre os pilares da parte posterior. En total, estes traballos contaron cun investimento provincial de 90.000 euros a través do Plan Único da Deputación.