Skip to main content
ActualidadeViveiro

O Concello de Viveiro publica o listado de solicitudes para as axudas ás pemes e autónomos

Por 12 Novembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Viveiro informa, con respecto ás axudas para o impulso da actividade económica de Viveiro, dirixidas a autónomos e microempresas obrigados a suspender a actividade pola pandemia, que no día de hoxe a Xunta de Goberno Local aprobou o listado de solicitudes estimadas e desestimadas, procedéndose á súa publicación no taboleiro de anuncios da web municipal (www.viveiro.es, dentro do apartado “concello dixital” e, á súa vez, en “sede electrónica”). 

Está previsto que a vindeira semana se proceda ao ingreso das axudas a aquelas persoas que tiñan solicitado o pago anticipado. 

Todos os beneficiarios teñen todo o mes de novembro para presentar a xustificación do 100% da subvención, procedéndose ao pago da totalidade da subvención concedida con posterioridade.

Cómpre lembrar que estas axudas forman parte do Plan de Reactivación Económica de Viveiro acordado entre o equipo de goberno e o grupo municipal Por Viveiro.