Skip to main content
ActualidadeXove

A escola municipal de natación de Xove, abre o prazo de inscrición

Por 3 Decembro, 2020Sin comentarios

A escola municipal de natación de Xove, abre o prazo de inscriciónA escola municipal de natación de Xove, abre o prazo de inscrición dos cursos para o vindeiro ano 2021.

“Despois de mirar todos os pros e contras, con respecto a dar prioridade de inscrición a aqueles nenos, que xa estaban inscritos para o ano 2020, decidimos poñer toda a inscrición a cero, e que se apunten de novo outra vez. Sabemos que calquera das formas que levaramos a cabo, non iba ser do agrado de todos, pero decimos esta, por parecernos mais xusta para a maioría”, din dende a organización.

A inscrición para os nenos do Concello de Xove, serán os días 3 e 4 de decembro, e poderanse apuntar a todos os niveis.

Para os nenos de fora do Concello, os días serán os días 10 e 11 de decembro para os niveis de Iniciación (blanco, amarelo), e os días 17 e 18 para os niveis de Perfeccionamento (verde, azul e vermello).

Para inscribirse as horas serán de 10.00 horas a 12.00 horas e de 17.00 horas a 19.00 horas, no salón de actos do Concello de Xove.

Outros cursos, como iniciacion, perfeccionamento de adultos, aquagym, ou cursos de peques, abriremos o prazo de inscrición mais adiante.