Skip to main content
ActualidadeBurela

Burela prepara un xogo de códigos QR para o Nadal

Por 4 Decembro, 2020Sin comentarios

Burela prepara un xogo de códigos QR para o NadalO Concello de Burela prepara para os máis pequenos un xogo tecnolóxico diferente para este Nadal. Nesta ocasión, propoñen unha entretida actividade para os nenos e os seus acompañantes.

Con ela, realizarase unha gymkhana polo Concello para localizar distintos códigos QR agochados polos Reis Magos. Cada QR amosará un video dos Reis Magos pedíndolle axuda aos nenos para salvar o Nadal e, así, obter a pista para buscar o seguinte QR. O obxectivo final do xogo é visitar todas as zonas que manda e poder botar a carta aos Reis.

Esta actividade comezará o día 15 e rematará o 5 de xaneiro e para participar haberá que contar cun dispositivo móbil ou tablet