Skip to main content
ActualidadeCervo

O Concello de Cervo segue revisando o leito do río Xunco trala aparición dun verquido

Por 9 Decembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Cervo segue revisando o leito do río Xunco trala aparición dun verquidoO Concello de Cervo continuou revisando o leito do río Xunco trala aparición dun verquido estes días e están tentando achar a súa orixe.

Tal e como precisan a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, o delegado de Protección Civil, Alfredo Fernández, e o responsable do Servizo Municipal de Emerxencias, Mario Antuña, “podemos confirmar que “o tinguido branco das augas foi provocado polo arrastre de material das balsas de decantación da mina de caolín e tamén detectamos que o río, froito das intensas chuvias caídas estes días, baixa moi revolto en todo o seu curso, á marxe deste punto no que se identificou o vertido”.

Desde o Concello de Cervo xa se deu aviso ao Servizo de Protección da Natureza, Seprona, por se houbese que depurar responsabilidades.