Skip to main content
ActualidadeXove

Para rematar o ano, Xove prepara un amplo programa de actividades de Nadal

Por 10 Decembro, 2020Sin comentarios

Para rematar o ano, o Concello de Xove prepara un amplo programa de actividades de Nadal que dará comezo o sábado 19 de decembro.

Así, haberá varios días de teatro no salón de actos do centro cívico ás 18.00 horas, que comezarán o sábado 19 será a obra de teatro O Vixiante dos Soños, e o domingo 20 Impro, e seguirá o domingo 27 con O Terapeuta.

Xa o mércores 23 ás 19.00 horas será o gran concerto de Nadal coa Orquestra Clásica de Xove no salón de actos do centro cívico.

O sábado 26 será a videoproxección de Augas Abisais, o último traballo do directos xovense Xacio Baño, ás 19.00 horas no centro cívico.

Por último, o 5 de xaneiro de 17.00 a 19.00 horas no pavillón municipal será a recepción dos Reis Magos.

Por outra banda os días 28, 29 e 30 de 10.00 a 13.00 horas será a Semana Lecer Branco, na que o anpa Pedro Caselles Rollan terá xogos e actividades para os nenos. Haberá prazas limitadas e para participar hai que chamar ao 669 161 387.