Skip to main content
ActualidadeCervo

O Concello de Cervo prepara un Belén de plastilina

Por 9 Decembro, 2020Sin comentarios

O Concello de Cervo prepara un Belén de plastilinaEste Nadal, con motivo da covid-19, o Concello de Cervo prepara un Belén de plastilina que estará composto por figuras elaboradas na casa polos nenos que desexen colaborar.

Poderán entregar a súa figura antes do 18 decembro na casa da cultura ou no Concello de Cervo. O Concello de Cervo encargarase de compoñer un Belén confeccionado con todas esas pezas entregadas polos participantes, cuxa autoría quedará correspondentemente identificada no resultado final.

Poderá verse na casa da cultura desde o 21 de decembro ata o 8 de xaneiro.