Skip to main content
ActualidadeO Vicedo

O Vicedo saca unha praza de auxiliar de Turismo

Por 19 Xaneiro, 2021Sin comentarios

O Concello abriu o proceso de contratación dunha auxiliar de información turística mediante contrato laboral temporal a xornada completa, dentro do programa: Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2020, financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

A selección realizase mediante concurso oposición para un contrato que se alongará dende o 1 demarzo ata o 30 de setembro.

O cometido funcional deste posto de traballo consistirá na realización das tarefas que lle sexan encomendadas polo persoal responsable dos servizos municipais correspondentes do Concello do Vicedo, de acordo coas instrucións recibidas ao efecto. As retribucións serán as correspondentes ó grupo C2, complemento de destino 14.

O prazo de presentación de solicitudes ábrese durante dez días dende a súa publicación no BOP. As bases poden consultarse na web do Concello do Vicedo.