Skip to main content
Burela

O Vencello de Burela pide a retirada do bando sobre peche de fincas

Por 12 Febreiro, 2021Sin comentarios

A asociación de veciños O Vencello de Burela presentaron no rexistro municipal unha solicitude para que se paralice o bando municipal que obriga ao peche dos soares lindantes coas vías públicas publicado polo Concello o pasado mes de decembro.

Para o cumprimento deste bando os seus autores cínguese ao artigo 23 da actual ordenanza municipal de limpeza, que di que os cerramentos deberán ser construídos con materiais que garantan a súa estabilidade e conservación, e respectando en canto a estas condicións e á súa altura a normativa urbana do Concello. Esta normativa urbana á que fan referencia é o Pxom, e nel só especifica que os cerramentos deberán ter unha altura máxima de 1,5 metros”, explican.

Estes dous condicionantes normativos do bando din que fai que na práctica sexa un edito “encorsetado, no que se omiten as diferentes particularidades da orografía do municipio (a inmensa maioría de terreos de Burela están situados en pendente e nalgúns casos a varios niveis respecto das vías públicas)”. 

Consideran que esta normativa carrexará un desembolso económico inasumible para moitos propietarios de pequenas fincas situadas en pendente con grandes desniveis e tamén para os donos de terreos lindantes con vías públicas municipais.

Explican que hai casos de donos de fincas de menos de 10 metros lineais de fachada lindante coa rúa con desniveis de máis 2 metros respecto da beirarrúa. “Se nos atemos ao bando, estes propietarios terán que facer una cimentación de máis de 2 metros ata o nivel da rúa e a partir de aí levantar o cerramento de 1,5 metros de alto”.

“A tal desembolso económico hai que sumarlle tamén o custe anual do recibo do IBI e os custes de limpeza e roza destas pequenas propiedades (tamén de obrigado cumprimento segundo a mesma ordenanza municipal de limpeza)… Gastos que sumados son difíciles de afrontar polos propietarios (na inmensa maioría clase traballadora, asalariados e pensionistas que posúen finas de menos metros cadrados). Sobre todo nestes momentos nos que todos nos atopamos nunha situación moi precaria debido á crise que estamos a soportar derivada da pandemia da Covid-19”, engaden.

Por todo isto, insta á Corporación municipal a artellar unha norma (ordenanza, regulamento específico, etc…) “que serva realmente de instrumento útil para desenvolver o recollido no PXOM e no que se recollan de xeito claro e preciso a variedade de casuísticas, condicionantes e particularidades das distintas zonas do nosos pobo á hora de acometer os devanditos peches de soares”.