Skip to main content
Lugo

A Deputación retoma hoxe o traballo presencial en quendas

Por 1 Febreiro, 2021Sin comentarios

Pazo de San Marcos

Os traballadores da Deputación de Lugo volven hoxe, día 1 de febreiro, ao traballo presencial. Farano en quendas estables do 50 por cento dos efectivos de cada servizo.
A institución provincial asinara o pasado 18 de xaneiro un decreto no que se recollían un conxunto de medidas para tentar frear a propagación da covid-19, como reducir ao imprescindible a presenza do persoal nas dependencias provinciais entre o 18 e o 31 de xaneiro, priorizar as reunións a través de plataformas telemáticas, cancelar os actos públicos e pechar as dependencias ao público.
Desde esta mañá as dependencias da Deputación volven tamén a abrir as súas portas para a atención cidadá. Malia todo, seguirase dando prioridade á atención por vía telefónica ou telemática, co fin de evitar os contactos na medida do posible. Para ser atendido de xeito presencial é necesario pedir cita previa.