Skip to main content
Lugo

O BNG cuestiona o alumeado nos accesos a Lugo

Por 2 Febreiro, 2021Febreiro 18th, 2021Sin comentarios

Arroxo e Rego, na xuntanza telemática

O voceiro do BNG e tenente de alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, mantivo unha xuntanza telemática co deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, na que abordaron a situación do alumeado público nos viais de entrada á cidade de Lugo, dependentes do Goberno central.

Rubén Arroxo criticou que “o Ministerio de Transportes mantén sen alumear as distintas entradas a Lugo, tanto por estrada como polas distintas autovías”. Ao seu entender, “o ministerio calcula as necesidades de alumeado pensando no tráfico de diario de cidades como Madrid, que non se corresponden coa realidade de Galiza. Non ten en conta que temos días máis escuros nos meses de inverno e máis precipitacións, o que fai a circulación máis insegura”. 

O Bloque Nacionalista Galego presentará no Congreso unha iniciativa para “revisar estes criterios e garantir a seguridade viaria” nas estradas de titularidade estatal que discorren por Galicia, especialmente “nas entradas aos núcleos de poboación”.