Skip to main content
Axenda LUGOXALugo

Combo Dominicano, Panorama e América estarán nas festas de San Antonio do barrio do Castiñeiro

Por 26 Abril, 2024Sin comentarios

O barrio do Castiñeiro presenta o programa para as festas na honra a Santa Antonio que celebrarán do 6 ao 9 de xuño. Contarán coas actuacións das orquestras Panorama, Combo Dominicano e América.

A celebración comezará o xoves 6 con pasacalles a partir das 22.00 horas e verbena amenizada pola orquestra Panorama e Combo Dominicano. O venres haberá tamén pasacalles e actuación do Combo Dominicano e Dj.

O sábado haberá sesión vermú con Mertitxel que tamén amenizará a festa a noite xunto coa orquestra América. As festas rematan o domingo con sesión vermú con Manhattan, que tamén actuará pola noite.