Skip to main content
Lugo

Unha campaña agasalla a quen merque na Praza de Abastos e no Mercado de Lugo

Por 17 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Lugo retoma a campaña ‘O noso mercado é un agasallo’, que xa fora posta en marcha durante as pasadas festas do Nadal co obxecto de promocionar as compras nos postos da Praza de Abastos e do Mercado Municipal.

A campaña comezará o vindeiro sábado, día 20, e desenvolverase o primeiro e o terceiro sábado de cada mes. Nesas xornadas, na Praza de Abastos habilitarase un posto para que as persoas que merquen produtos por un importe total de máis de 40 euros poidan achegar os seus tiques e recibir un agasallo.

A concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, explicou que esta campaña é unha máis das iniciativas que se levarán a cabo ao longo do ano “para achegar aos veciños e veciñas os produtos de calidade e a atención persoal dos distintos profesionais de cada posto”. A edil pon en valor ao comercio local, “que demostrou a súa importancia durante a crise sanitaria” e afirma que “neste momento é máis importante que nunca colaborar na reactivación económica e social, para o que o pequeno comercio se volve imprescindible”.