Skip to main content
Lugo

A creación dunha UPR na comisaría de Lugo chega ao Congreso

Por 20 Febreiro, 2021Febreiro 21st, 2021Sin comentarios

A vindeira comisión de Interior do Congreso, prevista para o día 8 de marzo, debaterá a creación dunha Unidade de Prevención e Reacción (UPR) na comisaría da Policía Nacional en Lugo, atendendo á petición ao respecto realizada polo PP fai un ano. Así llo trasladaron este venres os deputados nacionais populares, Jaime De Olano e Joaquín García-Díez, ao voceiro do Sindicato Unificado de Policía (SUP) en Lugo e representantes da federación de veciños, que viñan manifestando a necesidade de que a cidade contara con este servizo.

Os deputados populares pregúntanse “onde están a alcaldesa e o BNG neste asunto” asegurando que “xa non é algo que pidamos os do PP, reclámano os veciños de Lugo e os propios policias”. Ao seu entender, “non é de recibo” que Ourense, con 25.000 habitantes menos que Lugo, si conte cunha UPR.

Representantes do PP con membros da federación de veciños e do SUP

PSOE

A secretaria provincial do PSdeG en Lugo, Patricia Otero, vén de responder ás críticas do PP polo vindeiro traslado da sala do 091 de Lugo, previsto para o vindeiro 1 de marzo, co obxecto de centralizar o servizo na Coruña. Neste senso preguntouse “onde estaba a preocupación dos deputados do PP cando se pecharon os centros de Monforte e Viveiro?”.

Engadiu ademais que a decisión deste traslado forma parte dunha reorganización do servizo no marco do Plan Estratéxico da Policía Nacional “que foi aprobada por Interior no ano 2016”.