Skip to main content
Lugo

Comeza a restauración da sepultura do músico Xoán Montes

Por 22 Febreiro, 2021Sin comentarios

O  Concello de Lugo vén de iniciar os traballos de restauración da sepultura do músico Xoán Montes, no cemiterio municipal.

A sepultura atópase, segundo a edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, “nun estado de deterioro moi avanzado”, o que fai precisos os traballos de restauración que veñen de comezar para “evitar que os danos sexan irreversibles”.

O traballo estao realizando un equipo especializado, que eliminará a suciedade das pezas, mantendo as marcas de envellecemento propias da sepultura. Para poder levar a cabo esta actuación, o Concello tivo que iniciar un procedemento de declaración de ruína da unidade de enterramento e retornala á titularidade pública.

Cristina López destacou que o obxectivo é “honrar a un dos músicos máis destacables da historia de Lugo, fundador da nosa Banda Municipal”. O ano pasado realizouse tamén a restauración e traslado do busto adicado ao compositor á praza Maior, en lembranza dos lugares da cidade onde desenvolveu gran parte da súa actividade musical.

Xoán Montes, compositor, instrumentista e docente, foi un dos grandes impulsores da banda de música de Lugo, da que chegou a ser director. Contemporáneo de Pedrell, Pascual Veiga ou Chané, foi un dos músicos españois máis representativos do século XIX.