Skip to main content
Lugo

Lugo reforza a seguridade nas pasarelas peonís

Por 27 Febreiro, 2021Sin comentarios

O Concello de Lugo, a través da área de Medio Ambiente, está a substituír as mallas antiesvarantes que recobren as pasarelas de madeira nos sendeiros locais. En total, empregaranse 1.576 metros de rede de triplo torsión galvanizada que se fixarán á superficie dos paseos peonís para evitar posibles escorregamentos e caídas derivadas da presenza de follas ou de humidade sobre a tarima.

Os traballos, que se desenvolverán ao longo dos vindeiros días se a situación meteorolóxica o permite, teñen un custo de 7.555 euros. “Estas tarefas responden á necesidade de repoñer as dotacións actuais, xa moi deterioradas polo paso do tempo e pola afluencia de  viandantes que frecuentan estes itinerarios”, explicou o edil Álvaro Santos.

As novas mallas antiesvarantes colocaranse nas pasarelas municipais da ruta de Ombreiro, na ponte que hai antes de chegar á estación depuradora de augas, no sendeiro do Río Miño, e tamén no roteiro dos Muíños, ata chegar ao Muíño de Abelleira, xa que o resto do tramo é de titularidade autonómica.

A intervención, que se prevé rematar a finais da vindeira semana, forma parte dos labores de conservación e mantemento que o Concello lucense realiza de forma ordinaria, durante todo o ano desde o servizo de parques e xardíns.

O edil de Medio Ambiente supervisou o inicio dos traballos