Skip to main content
Sarria

Sarria eximirá aos hostaleiros do pago das taxas

Por 14 Febreiro, 2021Febreiro 25th, 2021Sin comentarios

O Concello de Sarria traballa na elaboración dun decreto polo que os establecementos de hostalaría e turismo do municipio quedarán exentos do pago das taxas de auga, saneamento e lixo durante o actual período de peche obrigatorio polas restricións adoptadas pola covid-19. A medida sería aplicable desde o 27 de xaneiro e ata que se manteña a situación de peche obrigado.

Para poder beneficiarse desta exención, os establecementos deberán solicitalo mediante o formulario que o Concello habilitará na súa páxina web oficial, unha vez se aprobe o decreto.

Esta medida de apoio á hostalaría local súmase á xa anunciada anteriormente polo Concello de Sarria en relación a non cobrar durante este ano aos locais pola instalación de terrazas, que poderán ampliarse a zonas de aparcamento co fin de favorecer o distanciamento social.