Skip to main content
Sarria

El Mundo de Sofía protagonizará a última actuación do ano no Buril de Sarria

Por 26 Decembro, 2023Decembro 28th, 2023Sin comentarios

O Buril de Sarria vén de programar un mes de decembro cheo de música para despedir o ano coas actuacións de The Foolans, Oslo Ovnies, Maverick e El Mundo de Sofía.

A última semana de decembro chega a banda El Mundo de Sofía, un potente trío orixinario de La Habana, Cuba, encabezado por Sofía Guilarte, unha destacada artista do rock cubano.

As persoas interesadas en acudir a este evento, poderán gozar da súa proposta musical o 29 de decembro nun concerto que comezará ás 23.00 horas e cuxa entrada será de 7 euros de forma anticipada ou de 8 en taquilla.