Skip to main content
Sarria

80 postais conforman a exposición ‘Postais centenarias da vila de Sarria’ que está no Hotel Alfonso IX

Por 20 Decembro, 2023Sin comentarios

A exposición ‘Postais centenarias da vila de Sarria’ que está no Hotel Alfonso IX de Sarria ata o vindeiro 7 de xaneiro componse de 80 postais que representan a vida da cidadanía sarriá no primeiro cuarto do século XX, momento no que se editaron estas cinco serie de postais por Pedro Ferrer, Laurent, E.J.G El Gallo, Ediciones El siglo e unha serie anónima.

A maioría das imaxes que se poden ver nesta exposición foron escaneadas a partir das orixinais tomadas en Sarria e algunhas das placas de cristal atribuídas a Ferrer foron tomadas por Matías Vázquez Rodríguez, porque varias delas están en posesión da familia Moreno de Sarria. Outra é de Hermógenes Garitaonandia, quen estableceu o seu estudo de fotografía co seu irmán Pablo en Ourense en 1890.

As datas ás que se corresponden as imaxes, polo menos a seis delas, son de 1902-1903, xa que en 1904 foron publicadas por Ferrer no ‘Portfolio Galicia’ e logo editáronse como cromos do álbum ‘Las bellezas de Galicia’, de Juan Gil Cañellas en 1926e en 1936 polo xeógrafo F. Carreras y Candi.

Por outra banda, non se expuxeron as imaxes da fotoxornalista norteamericana Ruth Matilda Anderson por non seren centenarias, xa que as que tomou ela nas súas viaxes a Galicia, e concretamente en Sarria, foron no ano 1925.