Skip to main content
O Incio

Reclaman o arranxo de catro camiños no Incio

Por 10 Febreiro, 2021Sin comentarios

O PSOE do Incio reclama a mellora de catro camiños municipais que dan acceso a parcelas agrícolas, e propón que os traballos se inclúan no plan marco da Xunta. O programa autonómico destina ao concello do Incio máis de 60.000 euros, repartidos entre este ano e o que vén.

Os socialistas estiman que son precisas distintas melloras no camiño que vai a San Miguel, en San Pedro, e no que da acceso desde Mesón a Aldea de Abaixo. Tamén require dunha actuación, din, un camiño duns 900 metros de lonxitude que comunica fincas en Bardaos e Santa María de Pacios. Neste caso consideran que sería preciso facer tamén obras de explanación, ademais de tarefas de limpeza e acondicionamento.

Por último, solicitan a inclusión no plan marco autonómico do vial de Castillón a Reboiro, para evitar posibles desprendementos provocados pola erosión da auga.