Skip to main content
Barreiros

O Concello de Barreiros retira 4 vehículos abandonados

Por 3 Marzo, 2021Sin comentarios

Tal e como anunciou o Concello, os tres turismos e unha autocaravana que se atopaban abandonados en diferentes lugares do municipio de Barreiros foron retirados polo Concello, unha vez rematados os trámites que consistiron en datar o tempo sen moverse e sen ter localizados aos propietarios a través dun anuncio no BOE.

Para o Concello, “polo claro estado de abandono teñen a consideración de residuos sólidos urbanos”. Como os vehículos non foron retirados no tempo de prazo dado polo Concello, se procederá ao seu tratamento como residuo e seguirase o procedemento legalmente establecido para a súa retirada, trasladando os vehículos a unha empresa de despezamento”.

Trátase dunha autocaravana Ford, un Citroën Xantia Turbo, un Toyota Corolla, un Peugeot 306 e un Seat Ibiza.

A súa retirada foi realizada por unha empresa xestora autorizada, de xeito que se melloran paisaxística e visualmente as zonas nas que se atopaban e evítase a proliferación de máis abandonos.