Skip to main content
Cervo

Un videoclip filmado en Morás, finalista dos Mestre Mateo

Por 12 Marzo, 2021Sin comentarios

O videoclip Muinheira de Interior, gravado na Área Etnográfica de Morás por Boyanka Kostova, é finalista na categoría de mellor videoclip aos premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.

“Pioneiros do trap en galego, impulsores do twerking rural, padriños do flow costumista de pobo… Boyanka Kostova é o duo galego responsable do maior crossover do trap en España”, segundo son definidos.

Herdeiros de grandes mitos como Os Resentidos e Siniestro Total, utilizan sen miramiento os ritmos e sons urbanos para dar voz á
contorna rural. O trap descontextualizado e sen liñas vermellas, outro tipo de glamour.

Esta é a continuación da Nova Canción Galega, un traballo con maior liberdade creativa e un sorprendente achegamento a distintos xéneros. Destaca o experimento de Muinheira de interior como unha inédita e xenial mestura de muñeira e trap.

PREMIOS

Os Premios Mestre Mateo están organizados pola Academia Galega do Audiovisual (AGA) e chegan nesta ocasión á 19 edición para reforzar a proxección da industria do cinema e a televisión, así como darlle visibilidade ao traballo desenvolvido polo audiovisual galego nun ano especialmente difícil para a cultura por mor das restricións derivadas da covid-19.

Os premios, aos que se presentaron 146 obras e 424 candidaturas profesionais, entregaranse o 10 de abril no Teatro Colón da Coruña co recoñecemento a 25 categorías, das que nove son de produción e 16, profesionais. A gala, que seguirá estritamente todos os protocolos sanitarios, será dirixida polo actor e director teatral Tito Asorey e presentada pola humorista Lucía Veiga.