Skip to main content
Xove

Estrenouse o viodeclip Baiuca, rodado en Xove

Por 27 Marzo, 2021Sin comentarios

Onte estrenouse Veleno, videoclip musical do grupo de música folktrónica Baiuca, que nesta ocasión estivo acompañado por Rodrigo Cuevas. O vídeo foi dirixido polo xovense Adrián Canoura.

O vídeo rodouse durante o mes de xaneiro en Xove, especialmente nas ruinas de San Tirso, na Parroquia de Portocelo. Entre as colaboracións, por parte xovense está o grupo Saiñas de Xove,  un de cuxos componentes, Uxío Dayán, aparece como bailarín. Tamén participou a xovense Nuria Lestegás como meiga 2.

Por outra banda, o Concello de Xove contribueu ao patrocinio deste vídeo cunha aportación de 1.800 euros, xa que se considerou que axuda a promocionar Xove no exterior, dado que se trata dun produto cultural con moita difusión a través das redes: youtube, instagram, Facebook, etc.