Skip to main content
Lugo

As andainas ‘Mulleres con forza’ volven o sábado a Lugo

Por 9 Marzo, 2021Sin comentarios
As andainas ‘Mulleres con forza’ volven o vindeiro sábado, 13 de marzo, ao centro histórico de Lugo.

A guía local Lidia de la Fuente será a encargada de dirixir esta nova camiñada, que se celebrará en dúas quendas, unha ás 10:00 horas e outra ás 12:00 horas. Sáese desde a Casa do Concello e duran ao redor dunha hora e media. Desde a organización lembran que é obrigatorio o uso da máscara durante toda a actividade.

Para a primeira sesión xa están cubertas todas as prazas, pero as persoas interesadas en participar na andaina das 12.00 horas poden reservar a súa praza chamando ao teléfono 010, ou 982 297 350 no caso de chamar desde fóra de Lugo.

As andainas ‘Mulleres con forza’ percorren os espazos e monumentos relacionados coas mulleres que transformaron a sociedade lucense e galega ao longo da súa vida, deixando un importante legado a nivel histórico, cultural ou científico. Estas rutas culturais inclúense dentro da programación que con motivo do 8M organizou a Concellería de Muller, Igualdade e Xuventude.