Skip to main content
Lugo

‘María Solinha’ estréase este domingo en Lugo en autocine

Por 13 Marzo, 2021Sin comentarios

Unha proposta cultural para esta fin de semana en Lugo é unha sesión de autocine.

Con motivo do 8M, o Concello promove a proxección da película ‘María Solinha’, do director Ignacio Villar. Será mañá, domingo 14 de marzo, ás 19:45 horas na explanada do Pazo dos Deportes.

O acceso farase pola Avenida de Madrid a partir das 18.45 horas e ao recinto poderán acceder un total de cen vehículos. Tamén haberá un espazo acotado para bicicletas.

As entradas poden reservarse, de balde, a través da web www.autocine.gal.