Skip to main content
Lugo

A Deputación primará criterios sociais na concesión doutros 95 hortos urbanos

Por 27 Marzo, 2021Marzo 30th, 2021Sin comentarios

Despois de que esta mesma semana a Deputación fixese entrega dos primeiros 55 hortos urbanos no Paseo do Rato a persoas que xa participaran neste programa en edicións anteriores, a xunta de goberno do ente provincial vén de aprobar as bases para adxudicar os 95 hortos que faltan.

Desta volta, seguirase para a concesión un proceso de concorrencia competitiva, dirixido a persoas e entidades que non foran usuarios destes terreos con anterioridade, e que primará criterios sociais, como estar en situación de desemprego, ser representante dun centro educativo ou traballar para un colectivo social, entre outros. Ademais, poderán optar a estes hortos veciños de Lugo capital e dos municipios limítrofes.

Esta convocatoria sairá publicada a principios da semana que vén no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e a intención do goberno provincial é ter adxudicadas as parcelas antes do verán.