Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

O BNG de Pol solicita a convocatoria do Pleno, que no se celebrou en sete meses

Por 30 Marzo, 2021Sin comentarios

O BNG en Pol solicita que se convoque un pleno municipal de forma urxente, xa que leva sen celebrarse dende hai sete meses, o que resulta un acto antidemocrático pola falta de control político ante as actuacións do goberno municipal e, por riba, fóra da lei.

O goberno municipal de Pol está tomando decisións de gran envergadura sen o control e a supervisión da oposición, instrumentos básicos do funcionamento normal da política municipal. Óscar Carballés, concelleiro e portavoz muncipal do BNG en Pol, sinala que “estase a levar a privatización do Servizo da Axuda no Fogar e un desmesurado investimento na área deportiva onde nós como edís non podemos facer nada, é totalmente antidemocrático o que estamos a vivir”

O concelleiro subliñou que estas decisións de carácter vital para a veciñanza “tománse pola porta de atrás, sen amosar ningunha argumentación nin información, esquivando os acordos plenarios e a lei, que obriga facelos como mínimo cada tres meses”, declarou Óscar Carballés.

Por outra banda, Óscar Carballés sinalou que debido a esta situación tampouco pode presentar propostas, as que “o goberno non lle interesa que outras voces digan o que deixan de lado, como por exemplo o grave estado das vías e pistas municipais”, declarou o concelleiro.