Skip to main content
Burela

O Concello de Burela recibiu un agasallo da veciña Gloria de Corneta

Por 27 Abril, 2021Sin comentarios

O Concello de Burela ven de recibir un agasallo moi especial. Trátase dun cadro cunha fotografía dos traballadores da fábrica de Cucurny do ano 1925.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “Gloria de Corneta, unha veciña moi coñecida desta localidade, unha persoa moi activa, que foi pregoeira das festas patronais, quixo ter este detalle co Concello de Burela. Acabamos de recibir este cadro cunha fotografía na que se pode ver aos traballadores da fábrica de Curcurny do ano 1925. Este cadro quedará nas dependencias municipais nun lugar visible e significativo, que decidiremos en datas próximas”.