Skip to main content
Cervo

O Concello oferta a xestión da cafetería do club deportivo Río Cobo de Cervo

Por 8 Abril, 2021Sin comentarios

Tal e como fixo cos locais do Centro de Emprendemento de Sargadelos habilitados na Antiga Nave de Fundición e nas Antigas Cabalerizas; o Concello de Cervo oferta a xestión da cafetería do club deportivo Río Cobo.

As persoas interesadas terán que asumir, tamén neste caso, un custe simbólico, xa que, en función da valoración do proxecto presentado, o canon anual fixado poderá estar bonificado ata un 90%, segundo explica a oferta municipal.

O que persegue o equipo de goberno con esta nova proposta é “darlle vida aos diferentes espazos de xestión municipal; buscando neste caso tamén unha dinamización da contorna de Río Cobo”.

O prazo para presentar as ofertas está aberto ata o 19 de abril, e as persoas interesadas poden consultar o prego de cláusulas que regularán o concurso na páxina web municipal.