Skip to main content
Becerreá

Becerreá acolle a exposición ‘Muller tiñas que ser!’

Por 6 Abril, 2021Sin comentarios

A Casa do Concello de Becerreá acollerá desde mañá, mércores 7 de abril, a exposición fotográfica ‘Muller tiñas que ser!’.

A exposición recolle unha selección dalgúns dos descubrimentos e as achegas científicas que un conxunto de mulleres realizaron á ciencia ao longo de diferentes épocas da historia.

A mostra inclúe un apartado sobre mulleres científicas invisibles que, sendo as autoras de descubrimentos ou tendo sido colaboradoras decisivas neles, foron ocultadas polas súas parellas, os libros de historia ou as institucións.

Moitas mulleres sobresaíntes están nesta exposición, que se poderá ver en Becerreá ata o vindeiro 7 de maio, en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Entre esas figuras que protagonizan ‘Muller tiñas que ser!’ están, no terreo da saúde, Elena García que desenvolveu Atlas 2020, un exoesquelete para nenos que detecta o movemento residual de enfermidades neuromusculares; Florence Parpart, unha empresaria que inventou o frigorífico; ou Ángela Ruiz, que deseñou a enciclopedia mecánica sendo mestra en Ferrol. Outras foron grandes biólogas, matemáticas, aviadoras ou bioquímicas.