Skip to main content
Lugo

Comezan os cursos de dinamización nos hortos do Rato

Por 17 Abril, 2021Sin comentarios

A Deputación de Lugo ofrece, desde este xoves, diferentes cursos para o mantemento dos hortos urbanos que se entregaron o pasado mes de marzo no Paseo do Río Rato. O obxectivo de esta acción formativa é asegurar o bo mantemento destes espazos ao tempo que se ofrece un servizo á cidadanía cunha actividade de lecer que fomenta o interese pola agricultura ecolóxica e a concienciación no coidado do medio ambiente.

Esta actividade terá unha periodicidade semanal e está dirixida aos usuarios e usuarias destes terreos. Cada xoves, a partir das 17:30 horas, terán lugar charlas, demostracións e entrega de materiais nos propios hortos. As persoas e entidades interesadas poderán obter información na caseta do Paseo do Rato.

As actividades comezaron co curso A Terra de Labranza e Cultivos, onde se fixo unha demostración do uso das ferramentas. O próximo xoves, 22 de abril, terá lugar unha charla e unha demostración baixo o título de Fertilización orgánica. Na última cita do mes, o día 29, mostrarase aos asistentes Que plantar nestas épocas e como facelo.