Skip to main content
Lugo

Cidadáns denuncia o mal estado da rúa Xesús Bal e Gai

Por 27 Abril, 2021Sin comentarios

O concelleiro de Cs, Juan Vidal-Pardo, denunciou esta mañá o lamentable estado no que se atopa a rúa Xesús Bal e Gai, vía na que se localiza a Casa da Xuventude. “Non entendemos como o Goberno local pode obviar o lamentable estado no que se atopa esta vía. É necesaria unha intervención urxente. Esta vía exemplifica perfectamente o fracaso do Goberno local na súa planificación para o mantemento de infraestruturas na que as distintas áreas de goberno asumen ou rexeitan responsabilidades en función da conveniencia política medida en rédito reputacional”, sinalou o concelleiro da formación laranxa.

“Estamos a falar dunha rúa cun firme moi deteriorado, que incumpre a Lei de accesibilidade polo insuficiente ancho das súas beirarrúas, que ademais están impracticables froito da deterioración. Ademais a iluminación é moi deficiente, xera problemas de seguridade e obvia a perspectiva de xénero, carencias preocupantes tendo en conta que esta rúa alberga un equipamento como a Casa da Xuventude, onde en circunstancias normais numerosos mozos realizan a diario diversas actividades e desprázanse ata alí con autonomía”, apuntou.

“Deterioración inasumible”

“As beirarrúas teñen unha deterioración difícil de atopar en ningunha outra zona da cidade. Están totalmente machucadas, o que supón un risco para os viandantes e impide por completo o tránsito dun carro de bebés ou unha cadeira de rodas, algo que se suma aos numerosos tramos sen ancho suficiente para estas ferramentas ou directamente á ausencia das mesmas. O abandono é tal que en determinados horarios os máis de 140 metros de beirarrúas desta vía están ocupados por competo por coches estacionados en situación irregular que ademais contribúen a deteriorar aínda máis as beirarrúas debido á falta de control”, concluíu.