Skip to main content
Bóveda

Bóveda dispón de tres colectores para a recollida de aceite doméstico

Por 30 Abril, 2021Maio 1st, 2021Sin comentarios

O Concello de Bóveda recorda a dispoñibilidade de tres colectores para a recollida de aceite doméstico. Están instalados nos seguintes puntos: na avenida Alfonso XIII á altura do Nº93, na avenida San Vicente-Estrada LU-546, saída de Monforte e na avenida Galicia en Rubián á altura do Nº21.

Hai que ter presente que os aceites de cociña usados constitúen un residuo cun alto poder de contaminación. O vertido polos desaugadoiros supón a proliferación de pragas e de microorganismos prexudiciais para a saúde e produce unha alta porcentaxe das avarías na rede de sumidoiros. É por isto que se debe separar doutros residuos, gardándoo en botellas de plástico pechadas, que logo se depositarán nestes colectores.