Skip to main content
Sarria

Unha exposición fotográfica aborda en Sarria a vida despois do dano cerebral

Por 14 Abril, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A antiga prisión de Sarria acolle desde hoxe a mostra de fotografía ‘Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido’, que pretende achegar á cidadanía a realidade das persoas que sofren esta lesión.

A través de 38 fotografías, a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) e distintas asociacións que traballan no ámbito do dano cerebral en Galicia, abren aos espectadores as portas das casas destas persoas para amosarnos que o dano cerebral non é un punto e final, senón un punto e seguido para unha nova vida.

A mostra poderá visitarse na antiga prisión da localidade sarriá ata o vindeiro día 23, en horario de 10.30 a 13.30 horas, aínda que as persoas interesadas que non poidan achegarse nesas horas poden solicitar cita para ver a exposición noutro momento.