Skip to main content
Sarria

Sarria promociona o sector das antigüidades cun vídeo e un folleto

Por 3 Abril, 2021Abril 6th, 2021Sin comentarios

Por segundo ano consecutivo, a pandemia da covid impide a celebración da Feira de San Lázaro de Antigüidades e Restauración de Sarria, que se debería celebrar nesta primeira fin de semana de abril.

Para que a data non pase desapercibida, e conscientes do grande atractivo que este evento supón como escaparate turístico e dinamizador económico para a comarca, anticuarios e o Concello desenvolven diferentes actuacións dirixidas a reivindicar a importancia do sector. Entrelas, destaca a creación dun cartel divulgativo e un folleto promocional, deseñados por Eva Pombo, así como a elaboración dun vídeo conmemorativo, que convida a visitar as tendas de antigüidades de Sarria tanto nestes días nos que tería lugar a feira como en datas sucesivas.

O vídeo, elaborado por Toño de López, inclúe entrevistas coas catro anticuarias locais, ao tempo que fai un percorrido polos seus establecementos na rúa Porvir e un repaso á historia do sector, a través das explicacións de Xaime Félix López Arias e diversas fotografías.

A Feira de Antigüidades de Sarria acadaría o ano pasado as súas vodas de prata, unha efeméride que se prevé celebrar cando a situación sanitaria o permita.