Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Colocan unha escultura de Víctor Corral no polígono de Friol

Por 13 Abril, 2021Sin comentarios

Friol segue humanizando os seus espazos públicos. En este caso o Concello de Friol vén de colocar nunha das zonas verdes do Polígono Empresarial da localidade unha escultura que reflicte un dos símbolos que ten este municipio, como son o guerreiro e a serpe. É unha obra realizada polo artista Víctor Corral coa colaboración de Xavier Varela.

Moi agradecidos por a implicación de ambos, para que tanto veciños como visitantes poidan coñecer parte da nosa historia a través desta escultura.