Skip to main content
A Pastoriza

Acondicionan a entrada do colexio de Bretoña

Por 16 Abril, 2021Sin comentarios

O Concello de Bretoña estreou trala Semana Santa unha nova entrada e patio de máis de 470 metros cadrados.

Durante a pausa vacacional o persoal municipal foi o encargado de mellorar este lugar, que estaba bastante deteriorado para o uso dos rapaces.

Ademais, durante os últimos días tamén se acometeron outros traballos como a limpeza e roza do aparcadoiro da igrexa da Pastoriza e da fonte de Saldanxe, así como a limpeza de rúas e da praza de Bretoña, da estación de bombeo do Carrizal, de Fontemiñá. Tamén fixeron labores de roza no colexio de Bretoña e instalaron no Carrizal dunha bomba para a balsa de auga, ademais doutras accións de mellora.