Skip to main content
As Pontes

Comeza a campaña do Día da Nai do comercio das Pontes

Por 28 Abril, 2021Sin comentarios

Cohempo, Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Ponteses, celebrará o Día da Nai cunha iniciativa dirixida a incentivar a compra no comercio local. Deste xeito, celebrarán un sorteo entre todas as compras realizadas entre hoxe, 28 de abril, e o 2 de maio nos establecementos participantes.

O premio consistirá por unha banda en dous vales de 100 euros Coidados e mimos para mamá, que poderán canxearse en Beauty Center & Barber Shop, Peluquería Peiteados, Belleza y Bienestar Isabel Galdo e Bouquet centro de estetica. Pola outra, serán dous vales de 100 euros Petisca en familia para canxear nunha comida ou cea familiar nos seguintes locais de hostelería: A Bodega, A Cepa, Mesón O Martínez, Mesón de Pepe As Pontes, Cervecería Restaurante A Fervenza de Somede, Delapiccola Food bar, Mesón Sete Camiños, Casa Teresa Restaurante, Restaurante Casa Díaz, Café – Bar Segunda Cueva, Pastelería Artesana Mary, A caseta do parque, Venus Cafetería-cervecería, Bar O Atallo e Restaurante O Xantar.

As persoas gañadoras terán ata o 30 de xuño para empregar os seus vales.

As bases poden consultarse na ligazón https://bit.ly/3dQ4fez