Skip to main content
As Pontes

Convocada unha caravana de coches contra o convenio de Endesa

Por 29 Abril, 2021Sin comentarios

O venres, 30 de abril, ás 12:30 celébrase a Xunta de Accionistas de Endesa, que como o ano pasado, pola pandemia, será telemática. Por esta razón, este ano tamén está convocada unha caravana de coches pola vila das Pontes, a realizar o propio venres día 30, entre ás 12 h. e as 13 h, para protestar contra o convenio asinado entre Endesa e a UGT, “o peor da historia de Endesa, e no que a propia empresa recoñece un beneficio de 515 millóns de euros, caso único en todo o Estado Español”, explican.

Para evitar concentracións de persoas, como prevención pola pandemia, solicitan que as persoas participantes se conecten con Radio Eume (107.5 FM), que fará un seguimento da caravana e pola que poderán escoitar as intervencións dos representantes das organizacións convocantes.

Ás 12:30, coincidindo co inicio da Xunta de Accionistas, farase soar as bocinas dos coches durante 1 minuto.

Os convocantes, (CCOO–CIG–SIE–APREN),  solicitan tamén que o persoal activo, na medida das súas posibilidades, solicite 1 hora de permiso para poder participar activamente nesta convocatoria. Repartiron tamén un modelo de cartaz para colocar nos vehículos e animan ao comercio e á hostalería local a colocar estes cartaces nos seus escaparates mentres dure a caravana.

O percorrido sairá ás horas do aparcamento que hai diante da Casa a Enerxía en Perfolla e seguirá por a rotonda dos Patos, Rúa Balsa, ruce na Avda de Lugo, dirección Avda Galicia, Castelao, Avda Habana, Celso E. Ferreiro, Avda Vilalba, dirección centro do pobo, Rúa Alexandre Bóveda (por diante do Mercado), cruce con Avda Galicia, dirección Rego do Muíño, poboado das Veigas, até a Casilla, ronda do Pobodado até Monte Caxado, rúa 8 de marzo, pasando por diante da Piscina, até Avda Galicia, Avda. Galicia até Avda Ferrol (no cruce do Hostal Fornos), subida por Avda Ferrol, até a Praza do Carme, baixada pola Avda Ortigueira, até a Praza do Hospital, coller de novo Avda Galicia en dirección Rego do Muíño, ca rotonda que hai antes do Rego do Muíño coller para Perfolla e remate da caravana.