Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAMar AMARIÑAXA

Os pescadores saíron á rúa en Burela contra o novo regulamento

Por 30 Maio, 2021Sin comentarios

Centos de pescadores deportivos manifestáronse onte desde o peirao de Burela ata a Praza do Concello para protestar polo novo regulamento, que reforza o control sobre as capturas, reducindo cotas e modalidades, entre outras medidas.

Os manifestantes, na súa maioría da Mariña, aínda que tamén vidos doutras partes da costa, son afeccionados á pesca deportiva en lancha. Sorprendeu o poder de convocatoria desta concentración, tal e como afirmaron os organizadores nun atril apropiado para a ocasión colocado na praza.

Ao final da marcha, o presidente da Federación Galega de Pesca Marítima Responsable e Náutica de Recreo (Fedpemar) José Antonio Beiro, leu un manifesto contra o que consideran “atropelo con ánimo flagrante de recadación”.

Os pescadores censuran o permiso especial que se dará para capturar robaliza ou a cota dun ollomol ao ano.
Molesta especialmente a limitación de pezas de bonito de cinco a tres por día, pois supón reducir un 40% a cota do colectivo mentres se aumentou un 13% a profesional.

Nas pancartas líanse lemascomo Somos deportivos, non somos furtivos, en liña co que colga da confraría en contra destas medidas.