Skip to main content
Burela

Burela acolle unha charla sobre Novas tecnoloxías e acoso escolar

Por 6 Maio, 2021Sin comentarios

O vindeiro martes, 11 de maio, terá lugar unha charla sobre Novas tecnoloxías e acoso escolar en idades temperás organizada dende o Programa Educando en Familia en colaboración co Concello de Burela.

A concelleira de Muller e Igualdade, Inmigración, Cooperación e Integración, Noelia Mª Ben, explicou que “esta charla vai dirixida a familias con nenos/as que estean a cursar educación primaria. Será impartida por persoal especializado da Garda Civil e desenvolverase no Auditorio da Casa da Cultura ás 10:00 horas do vindeiro martes, 11 de maio”.

E engadiu que “aquelas persoas interesadas en asistir deben necesariamente inscribirse chamando ao teléfono 982 58 06.09 ou ben persoalmente na Casa do Concello”.