Skip to main content
Cervo

Adxudicada unha vivenda de promoción pública de Cervo

Por 8 Maio, 2021Sin comentarios

Adxudicouse en réxime de alugueiro unha vivenda de promoción pública situada na rúa Vía Láctea de Cervo. Existe un parque residencial de 95 vivendas no municipio de Cervo, entre elas o piso entregado hoxe, que conta con catro dormitorios e 75 metros cadrados de superficie.

Son xestionadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), que se encarga de acometer as reparacións necesarias -de ser o caso- e realizar os chamamentos seguindo os listados de adxudicatarios de cada concello.

As persoas interesadas en optar a futuras adxudicacións deberán estar inscritas no Rexistro Único de Demandantes, trámite que poden realizar en calquera momento tanto de xeito presencial como a través da sede electrónica da Xunta. Os listados de candidatos determínanse mediante un sorteo ante notario entre todas as persoas inscritas.