Skip to main content
Lugo

A montaxe da estructura da pasarela peonil sobre a N-VI conclúe este luns

Por 2 Maio, 2021Maio 3rd, 2021Sin comentarios

A montaxe da estrutura da pasarela peonil sobre a N-VI concluirá o vindeiro luns, 3 maio, coa colocación do último treito da rampla de acceso. 

Os traballos obrigarán a cortar o ramal dende esta vía en dirección A Coruña cara o centro comercial Carrefour e ata a rotonda onde se atopa a gasolineira de Galp (Avda. dos Deportes), entre as 08:30 e as 12:30 horas, aínda que a circulación se restablecerá en canto rematen os labores. 

Igual que en anteriores ocasións, o Concello, que xa deu conta do aviso á Policía Local e á DXT, sinalizará as obras con conos e un cartel indicativo e habilitará desvíos para o tráfico rodado pola seguinte saída á Avenida das Américas. 

Logo das obras previstas para o luns, a empresa encargada da súa construción procederá á colocación dos pasamáns e á instalación da iluminación así como á urbanización e humanización dos exteriores. 

Esta nova dotación, que se enmarca na estratexia Dusi Muramiñae e está financiada ao 80% cos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), ten como obxectivo mellorar a conexión da cidade coa contorna fluvial. 

Coa súa creación o goberno de Lara Méndez pretende habilitar un novo itinerario para peóns e bicicletas, favorecendo a continuidade do casco urbano co río Miño, diminuíndo  a dependencia do uso do vehículo e incrementando a seguridade e a comodidade das e  dos viandantes ao tempo que se atende unha vella demanda da cidadanía lucense.