Skip to main content
Lugo

Méndez e Carmen Figueiras abordan as inquedanzas do Colexio de Arquitectos

Por 11 Maio, 2021Sin comentarios

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada polo edil de Sostibilidade Urbana, Álvaro Santos, recibiu na mañá de onte no Concello á presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en Lugo, Carmen Figueiras. 

Na xuntanza, programada con anterioridade, a representante do COAG tivo ocasión de trasladarlle aos integrantes do executivo local algunhas das principais inquedanzas do sector neste momento. 

O encontro serviu tamén para que a rexedora e o concelleiro convidaran ao colectivo a participar na consulta pública que se levará a cabo para redactar unha nova ordenanza reguladora da tramitación dos títulos habilitantes de obra e actividade no Concello de Lugo. Unha invitación que fixeron extensible ao resto de axentes sociais do municipio. 

“Foi, sen dúbida, unha reunión moi frutífera, na que – ao igual que xa fixemos en anteriores ocasións – tivemos a oportunidade abordar as preocupacións profesionais das e dos arquitectos lucenses aos que, á súa vez, emprazamos a participar no proceso que vimos de abrir para a creación desta nova Ordenanza co fin de que nos trasladen as súas propostas para enriquecer o documento”, sinalou Lara Méndez.