Skip to main content
Lugo

O Concello de Lugo paraliza as obras de Urbanización das Saamasas

Por 28 Maio, 2021Sin comentarios

A área de Sostibilidade Urbana vén de decretar a paralización das obras de Urbanización do Sector Norte I do Concello de Lugo (Saamasas), por carecer da prórroga da Confederación Hidrográfica, necesaria para poder continuar as mesmas. 

O concelleiro Álvaro Santos explicou que, “na mañá de onte, procedeuse á ordenar a interrupción inmediata dos traballos ao non dispoñer a Xunta de Compensación do devandito sector da imprescindible autorización da Confederación Hidrográfica para seguir realizándoos”. 

O Concello de Lugo daralle agora aos interesados un trámite de audiencia de 10 días para que inicien as accións que estimen oportunas.