Skip to main content
Lugo

Ecoloxistas en Acción celebra a paralización da obra das Saamasas

Por 28 Maio, 2021Sin comentarios

A organización Ecoloxistas en Acción alertara hai máis dun mes de que as obras se estaban realizando sen a preceptiva avaliación das súas repercusións ao río Miño e solicitara á Confederación Hidrográfica e ao Concello de Lugo que adoptaran as medidas oportunas para decretar a paralización inmediata das obras que se están a realizar mentres non dispoñan do Informe de Avaliación das repercusións sobre a Rede Natura e á Reserva da Biosfera.

Dende a organización denuncian que son unha obras innecesarias para unha cidade na que case 1 de cada 4 vivendas está valeira. As obras carecen dos pertinentes permisos de Patrimonio e do organismo de cunca cando ademais dentro da parcela hai zonas catalogadas como inundables e un par de regatos que foron desviados do seu cauce pola constructora segundo veciñanza da zona.

Ecoloxistas en Acción sinala que aínda que o proxecto da obra estivera aprobado non deberon iniciarse as obras sen cumprir co esixido na normativa ambiental. Esta urbanización, unha vez paralizada cautelarmente,  só se debería continuar despois de que as autoridades competentes se aseguren de que non causará prexuízo á integridade do lugar e tras someter o proxecto e a súa avaliación ambiental a información pública.

Por iso, a organización ecoloxistas solicita á Confederación Hidrográfica que faga unha avaliación exahustiva das consecuencias medioambientais desta construcción ás beiras do río Miño e ao Concello de Lugo que manteña a paralización cautelar até que se cumpra a normativa ambiental.